Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

logo.jpg.gif

Como ven sendo costume, dende o 2002 e cada dous anos, as entidades do movemento asociativo ímonos reunir para visibilizar e compartir o traballo ben feito que se ven desenvolvendo nas asociacións. A próxima cita será os días 27 e 28 de Novembro do 2008 en Las Palmas de Gran Canaria, no que será xa o IV Encontro de Boas Prácticas FEAPS.

Seguindo coa tradición, este ano que entra, no 2008 celebrarase o IV Encontro co ánimo de seguir impulsando a Calidade FEAPS nas nosas organizacións e dando a coñecer o traballo que neste sentido se  desenvolve nas entidades do movemento asociativo.

Por este motivo, dende a Federación, queremos animarvos a participar activamente presentando as vosas propias boas prácticas. Sabemos que moitos de vós, estades traballando positivamente en aspectos relacionados directamente coa Calidade FEAPS, así que pedímosvos que fagades un exercicio de reflexión e plasmedes sobre o papel aqueles actividades, programas ou proxectos que estades desenvolvendo e que creades seguen as liñas da calidade FEAPS. Buscamos boas prácticas con conciencia, desenvolvidas en base os valores e o código ético do movemento asociativo.

O prazo para presentar as vosas boas prácticas está aberto dende o 10 de Decembro de 2007, podedes facelo ata o 8 de Febreiro de 2008, remitíndoas á federación por correo ordinario ou por e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Recordade que debedes remitirnos firmado e selado o documento orixinal da declaración de veracidade, e que a Boa Práctica é imprescindible que nos chegue en formato electrónico (CD, e-mail, etc).

Para calquera cuestión poñédevos en contacto con: Julia Salgado Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Fuente: Julia Salgado

Responsable de Calidade FADEMGA FEAPS GALICIA