Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

No movemento asociativo Plena inclusión referímonos á accesibilidade cognitiva como a característica das contornas, procesos, bens, produtos e servizos, obxectos ou instrumentos, ferramentas ou dispositivos, que lles permite ser comprensibles, utilizables e practicables por persoas con limitacións no seu desenvolvemento cognitivo.

The Arc organización estadounidense de, e para persoas con discapacidade intelectual, define a accesibilidade cognitiva en termos dunha serie de requisitos que o proceso de comunicación debe cumprir para que a información sexa accesible:

1) Diminuír a dependencia da memorización como ferramenta para lembrar información.

2) Utilizar o maior número de formatos complementarios como sexa posible (visual, audio, multi-gráfico).

3) Reducir a necesidade do destinatario de utilizar as súas habilidades organizativas complexas.

4) Presentar nun vocabulario ou nivel de lectura que se aproxime ao nivel de comprensión dos receptores..

 

:: TALLER "SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS" (Convocatoria 2017)

Internet e as redes sociais, están presentes no noso día a día dende fai anos. 

Cambian o xeito de comunicarnos e intercambiar información con outras persoas. 

Estes aspectos poden ser moi útiles para facilitar a comunicación, recibir información ou aprender cousas novas.

A pesar destas vantaxes calquera persoa podería facer un mal uso de xeito intencionado ou por descoñecemento.


• Por todo isto é importante coñecer os seus riscos, utilizalas axeitadamente e aprender a manexar os instrumentos necesarios para manter a nosa privacidade.
• A través deste taller e do manexo da Guía: “Enrédate con Seguridade”, reflexionaremos sobre o uso das redes sociais e os dispositivos móbiles.

Tamén aprenderemos como utilizalas axeitadamente, prever aspectos negativos e saber como actuar no caso de ter algún problema ou sufrir abusos.

 

O servizo de Consultoría de FEAPS, é un servizo que cada Federación ofrece as súas estructuras e entidades membro. 
A misión da Rede de consultoría é: facilitar ó movemento asociativo FEAPS - as súas entidades e estructuras - apoios para un desenvolvemento organizacional coherente coa súa misión, visión e valores.
 
Na actualidade a Rede de Consultoría ofrece os seguintes servizos: 
 
- Consultoría en Desenvolvemento Organizativo. Aporta coñecementos, métodos e ferramentas para comprender o funcionamento da organización e para implantar plans e accións que a desenrolen y melloren. 
 
- Apoio á Planificación Estratéxica e o seu despliegue en plans de acción. Axuda á organización a clarificar a súa identidade, o seu propósito, as suas metas, o seu funcionamento e a evaluar o seus resultados.
 
- Consultoría de procesos de implantación da CALIDADE FEAPS. Facilita que a organización describa os procesos a través dos cales funciona e que os adecúe á búsqueda dun maior logro na calidade dos servizos, o seu impacto na calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias e o compromiso ético.
 
- Formación en procesos clave para a organización. Aporta ós membros da organización competencias para a toma de decisións, o traballo en equipo e a xestión asociativa y de servizos.
 
- Apoio na resolución de conflictos organizativos. Aporta elementos e métodos de mediación e toma de decisións para que a organización sexa capaz de xestionar o seus conflictos e medrar con eles.
 
- Xestión de equipos e políticas de persoas. Axuda á organización a implantar políticas e procesos de xestión de persoas e equipos en coherencia co Proxecto FEAPS.
 
- Xestión de proxectos organizativos. Facilita metodoloxías de desenvolvemento de proxectos para mellorar a organización, en calquera dos seus niveis: Movemento FEAPS, Confederación, Federacións, entidades e as súas estructuras.
 
- Apoio á xestión Ética da organización. Facilita a implantación e despliegue dos procesos vinculados ó Proxecto Ético de FEAPS.
 

A Rede de Consultoría comprométese a:
 
- Actuar en coherencia có Codigo Ético de FEAPS e o seu propio código deontolóxico.

- Responder a tódalas solicitudes.

- Prestar atención e asesoramento personalizado, afastándose da aplicación de accións estandarizadas.

- Cumprir os compromisos e realizar as actuacións que se pacten coa asociación solicitante.

- A unha estricta confidencialidade, mantendo en todo momento a privacidade dos datos ós que teña acceso.
 

Para saber máis sobre os cometidos da REDE, como se xestiona o servizo, como acceder o servizo de consultoría, etc. podedes descargar toda a información nos seguintes enlaces:

 
 
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, damos apoio ás nosas entidades de diferentes fomas....
 
REPRESENTÁNDOAS ante entidades públicas e privadas dos seus representados (Persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias), velando polo ben común das mesmas.
 
COORDINÁNDONOS con e entre as entidades federadas, co fin de establecer as demandas a presentar ante a administración e o establecemento dos dereitos e deberes que a todos nos atinxen.
 
MEDIANTE A FORMACIÓN: dando resposta ás necesidades formativas dos diferentes colectivos que integran ás entidades, co fin de facilitar e potenciar así como manter e desenvolver a cualificación de directivos, profesionais e voluntarios, xa que sabemos que isto revertirá nunha mellora da xestión, e polo tanto, promoverá a excelencia na prestación dos apoios ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
 
Tamén promovemos e xestionamos accións de formación para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias en coordinación coas área correspondentes.
 
INFORMAMOS E ASESORAMOS ás entidades federadas, non federadas e particulares, en todas aquelas cuestións a nivel lexislativo e administrativo que precisen, sexan cuestións internas das propias entidades, ou sexan externas, en relación á administración ou outro tipo de posibles financiadores/colaboradores (trámites a seguir para formar parte da federación, tarxeta de transporte, exención do IVA, información sobre creación de centros e servizos, adquisición de vehículos, cuestións laboráis, aspectos legáis referidos á accesibilidade, adaptación de estatutos, convenios, contratos, solicitudes de subvecións autonómicas e estatais...)
 
XESTIÓN DE INFRAESTRUCTURAS, EQUIPAMENTOS E SERVIZOS. Detectamos as necesidades que as entidades poidan ter en relación a consecución ou mellora de infraestructuras, equipamentos ou servizos, así como a posterior tramitación das mesmas ou a negociación conxunta ante os organismos públicos pertinentes.
O obxectivo é dotar ás entidades federadas de medios estruturais, materiais e persoais suficientes que faciliten o desenvolvemento e consecuentemente revirtan nunha mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ás que prestan apoios e/ou servizos.
Nesta área levamos a cabo programas de atención directa para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento co fin de facilitarlles o apoio e as ferramentas que precisan para mellorar aqueles aspectos nos que poden ter carencias ou máis necesidades de apoio.

Nalgúns casos estes apoios proporciónanse de maneira individualizada, mentres que noutros, os apoios proporciónanse a un grupo de persoas con características/necesidades especiais e en espazos comúns.

Con todos estos programas (cidadanía activa/autoxestores/saúde mental/desvantaxe social/ reclusos e exreclusos/ envellecemento, ocio...) inténtanse cubrir parcelas ás que a algunas entidades por escasez de recursos lles resulta complicado intervenir.

En calquer caso, o cometido da Federación coa execución destos programas é promover que nas respectivas entidades se comece a dinamizar e traballar estas cuestións vitais para a mellora real da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias.

logo.jpg.gif

 

 

 

 

Como ven sendo costume, dende o 2002 e cada dous anos, as entidades do movemento asociativo ímonos reunir para visibilizar e compartir o traballo ben feito que se ven desenvolvendo nas asociacións. A próxima cita será os días 27 e 28 de Novembro do 2008 en Las Palmas de Gran Canaria, no que será xa o IV Encontro de Boas Prácticas FEAPS.

Seguindo coa tradición, este ano que entra, no 2008 celebrarase o IV Encontro co ánimo de seguir impulsando a Calidade FEAPS nas nosas organizacións e dando a coñecer o traballo que neste sentido se  desenvolve nas entidades do movemento asociativo.



Mostrar Lectura Facil 

O noso Departamento de Documentación enténdese como unha ferramenta auxiliar dos outros departamentos da Federación. Dirixe o seu traballo cara aos profesionais de FADEMGA FEAPS GALICIA e cara aos nosos usuarios/clientes así como estudantes e/ou investigadores. O Departamento ten coma fin conseguir prestarlles unha mellor calidade dos nosos servizos. O noso catálogo está integrado por diversos tipos de materiais informativos. O Centro de Documentación conta con diversas coleccións.

 

O noso Departamento de Documentación enténdese como unha ferramenta auxiliar dos outros departamentos que integran a Federación e, neste sentido, enfoca e dirixe o seu traballo cara dúas vertentes, por unha parte aos profesionais de FADEMGA FEAPS GALICIA e por outra aos nosos usuarios/clientes (Directivos, Profesionais, Voluntarios e Familiares das Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual) así como estudantes e/ou investigadores para poder conseguir prestarlles así unha mellor calidade dos nosos servizos.

Neste sentido, o noso catálogo está integrado por diversos tipos de materiais informativos e, dada a importancia das novas tecnoloxías no noso campo de traballo, o Centro de Documentación conta, entre outras, coas seguintes coleccións:

  • revistas científicas e divulgativas especializadas
  • monografías
  • estadísticas
  • obras de referencia
  • documentos de arquivo
  • cd’s
  • dvd’s
  • vhs
  • carteis
  • discos
  • fotografías
  • folletos
  • dípticos
  • literatura gris, etc…
O Departamento de Documentación conta cun catálogo en liña dos seus fondos. O catálogo non está completo xa que se atopa en construcción, pero conta xa con numerosos fondos actualizados e diariamente se introducen novos fondos documentais para a consulta de todas as asociacións que así o requiran.
Mostrar Lectura Facil
Programa dirixido a familias con nenos e nenas de 0-6 anos que presentan dificultades no seu crecemento ou teñen risco de padecelos. Os profesionais traballarán cos nenos e nenas co fin de mellorar o seu desenrolo e facilitar a súa integración na familia, a escola e o entorno.

Servizo que ten por finalidade ofrecer un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0-6 anos, á familia e ao entorno. O obxectivo principal é dar resposta o máis cedo posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os infantes con trastornos no seu crecemento ou teñen risco de padecelos.

Estas intervencións, deben cotemplar a globalidade do neno/a, e ser planificadas por un grupo de profesionais de orientación disciplinar ou transdisciplinar, que traballarán por potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e de benestar, posibilitando do xeito máis completo a súa integración no medio familiar, escolar e social, así como a súa autonomía persoal.

Mostrar Lectura Facil

Destacamos tres aspectos importantes como son a Calidade de Vida das persoas con discapacidade intelectual. A Calidade Total na Xestión das entidades. E o Compromiso Ético das entidades no desenvolvemento do seu traballo


O cometido desta área é promover e implantar as medidas e os procesos precisos para conseguir as condicións que permitan establecer unha xestión de calidade en tódolos servizos da federación.
Ademais, ten como cometido impulsar a calidade FEAPS en todas as organizacións do movemento asociativo en Galicia, establecendo as accións que sexan precisas para conseguir que ésta se materialice en tódalas entidades federadas. Este cometido desenvólvese a través de accións de difusión, información, formación de directivos, profesionais, voluntarios, familiares e persoas con discapacidade; facilitando as entidades as ferramentas precisas e dispoñibles para que podan materializar a calidade FEAPS, así como levando a xestión e seguimento de tódolos procesos que se implanten nas mesmas en relación a esta cuestión.
No movemento asociativo FEAPS, a calidade establécese como unha obriga que emana do dereito das persoas a recibir, servizos dignos e significativos para as súas vidas. Supón en suma considerar a calidade como un compromiso ético e non como unha mera decisión organizativa tomada en prol dunha mellor imaxe ou dunha maior eficacia.

 

   

                                                    

 

Mostrar Lectura Facil
Encargámonos de orientar e informar ás asociacións na solicitude de subvencións, relacións coa Xunta, Concellos, Deputacións e outros organismos. Informamos sobre a creación de novas asociacións que traballan con persoas con discapacidade.

A parte financeira xestiona os recursos económicos disponibles para o desenvolvemento das actividades de cada unha das áreas da federación, definidas anualmente polo comité de calidade e o órgano de goberno. Colabora e participa con outras áreas no proceso de captación de novas fontes de financiación. Deste xeito as principais fases polas que transita a xestión económica son:

-Elaboración dos orzamentos analíticos por áreas, segundo o seu Plan de Acción a desenvolver anualmente.
-Rexistro e presentación das operacións contables, tanto para información interna como para terceiros (financiadores públicos, privados, auditores, admon. pública acredora,..)
-Xestión de tesourería que permita manter un saldo positivo entre cobros e pagos co fin de manter un funcionamento óptimo.
-Xestión e avaliación de proveedores, co fin de obter os bens e servizos para o desenvolvemento das actividades da maneira máis eficiente.

A parte administrativa xestiona os recursos materiais pertencentes á entidade, poñéndoos a disposición de tódolos grupos de interese participantes da actividade federativa para o logro dos obxectivos fixados. Así as funcións fundamentais que se desenvolven son:

- Xestión da documentación. Para un eficiente aproveitamento da información xerada e recibida, a través de ferramentas tecnolóxicas de arquivo e tratamento documental.
- Xestión dos medios materiais. Facilitar o aproveitamento dos materiais técnicos, informáticos, de transporte, etc, tanto o persoal da federación, como as entidades federadas, segundo corresponda.
- Xestión da actividade federativa. Consistente en levar a cabo tódalas accións organizativas, informativas que xorden entre os diferentes niveis do organigrama (masa social (asamblea)-órgano de goberno (xunta directiva)-xerencia), dando senso o carácter asociativo da entidade.

A Área de Comunicación responsabilízase da comunicación interna e externa. Informa ás entidades federadas e tamén á sociedade en xeral. Difunde as actividades de FADEMGA Plena inclusión Galicia e das súas entidades aos medios de comunicación. O Boletín informativo INFO XXI refrexa o traballo que se realiza a prol das persoas con discapacidade intelectual. O Departamento forma parte da Rede de Comunicación FEAPS. Este Rede colabora na elaboración do xornal VOCES, do boletín informativo ACTUALIDAD FEAPS e do boletín de autoxestores NUESTRAS NOTICIAS.

 

Responsabilizase tanto da comunicación interna como externa da Federación. Promove a transmisión interna de información entre as entidades pertencentes a FADEMGA FEAPS GALICIA e desenvolve unha labor de difusión das actividades da federación así como das súas entidades federadas, nos medios de comunicación, para lograr unha labor de cohesión, unidade e forza, así coma de maior presenza do Movemento Asociativo na sociedade galega.

ATENCIÓN A PERSOAS CON NECESIDADES COMPLEXAS

 

O novo Programa de Atención a Persoas con Necesidades Complexas continuará apoiando ás persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento e ás súas familias. Farao a través da área de Apoio e orientación no Proceso de Envellecemento.Ten como obxectivos:

- Dotar ás entidades de ferramentas e recursos para dar resposta ás necesidades e demandas deste colectivo, do que forman parte un amplo e crecente número dos nosos usuarios.

- Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento e das súas familias, a través de diferentes tipos de actuacións (actividades de estimulación cognitiva, actividades de motricidade ou mobilidade, sesións de participación na comunidade a través do uso dos seus recursos, apoio e asesoramento as familias, etc.).

As entidades que, ata o momento, participaron no programa, foron: ASPAS (Santiago), ACEESCA (Porriño),  ASPRONAGA (A Coruña), AMICOS (Ribeira) e JUAN XXIII (Pontevedra e Cangas). Atendéronse a un total de 66 persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento e 44 familiares.

IMPORTANTE: Con este Programa damos un apoio puntual (a través da intervención dun profesional da Federación durante 1 ano) ás entidades, para que poidan impulsar e implantar nos seus servizos a atención as persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento. Tras este apoio puntual a Federación retirarase para que a entidade asuma as accións e intervencións do  Programa como propias, dando respostas máis axeitadas ás persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento.
 
Para a posta en marcha deste Programa é necesario que a entidade beneficiaria considere o proceso de envellecemento unha realidade que afecta ademais da propia persoa con discapacidade intelectual, ás súas familias e ós profesionais que desenvolven a súa labor con este colectivo; é unha necesidade social en crecemento á que debe darse resposta.

Co obxectivo de comezar a atender ou mellorar as necesidades específicas deste colectivo (persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos en proceso de envellecemento), un profesional da Federación apoiará a intervención  desprazándose a entidade beneficiaria co propósito

de realizar, conxuntamente cos profesionais da mesma:

-    Xuntanzas para: detección de necesidades dos participantes, programación de actividades ou actuacións acordes a esas necesidades, seguimento e avaliación (non se trata de sustituír ós profesionais da entidade, senón de implementar).

-    Accións, individuais ou grupais, cos usuarios/as do programa, orientadas ó desenvolvemento da súa autonomía social e persoal.

-    Actividades coas familias, encamiñadas a informar, orientar e asesorar sobre o proceso de envellecemento.

NOTA: Para a realización das diferentes accións enmarcadas neste Programa pode ser necesario que a Entidade teña que colaborar coa Federación á hora de asumir posibles gastos ocasionados, en concepto de desprazamentos ou actividades, se a partida do Ministerio non é suficiente para facer fronte ós mesmos.

Unha vez finalizada a fase de posta en marcha, que se desenvolverá durante o ano 2013, a Federación retírase, para que sexa a propia entidade quen asuma o programa como unha actividade propia, integrado na dinámica do propio centro, aínda que  contará co  seu asesoramento cando o considere necesario. De forma puntual algún dos profesionais da Federación poderá acudir a entidade para facer un seguimento, ou solicitará informes relativos ás actividades que se están levando a cabo.

A Entidade solicitante deberá comprometerse a:


- Traballar conxuntamente co profesional da Federación.
- Manter a continuidade do programa independentemente da financiación de FEAPS durante anos posteriores.
- Organizar reunións informativas coas familias, a lo menos das persoas beneficiarias; unha inicial para explicar en que consiste o Programa, unha intermedia de seguimento e outra final para explicar os resultados acadados.
- Difundir o Programa indicando que se trata dun proxecto do movemento asociativo de FEAPS e FADEMGA FEAPS-GALICIA, subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, sendo necesario incluír os logos destas tres entidades en todo o material elaborado (carteis, noticias, etc).

As entidades interesadas en solicitar o Programa “Envellecemento” deberán presentar, debidamente cumprimentada, a seguinte documentación:


- Ficha de solicitude de Apoio e Orientación no Proceso de Envellecemento 2013.


- Certificado de non participar noutra subvención a cargo do IRPF para persoas con discapacidade
(fóra do entorno FEAPS). É necesario enviar o orixinal firmado co selo da entidade.

 

PRAZO: as solicitudes deberán estar na Federación o  5 de febreiro do 2013.


Podedes enviar as vosas solicitudes a:

- Correo postal: Vía Pasteur 53 – A, Polígono do Tambre. 15890. Santiago de Compostela.
- E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Fax: 981 519 651
 

CRITERIOS A TER EN CONTA PARA A CONCESIÓN DO PROGRAMA:

- Valoración da Ficha de Solicitude do Programa de Envellecemento 2013. É obrigatorio cumprimentar todos os puntos que se solicitan na Ficha.

- Certificado cuberto de non participar noutra subvención con cargo ó IRPF, contemplada fora do entorno FEAPS (co selo da entidade e firma do representante legal da mesma).

- Información sobre a poboación atendida por rango de idade.

- Outras accións realizadas pola entidade encamiñadas a dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento.

- Anos anteriores nos que a entidade solicitou este programa.

- Compromiso por parte da entidade, unha vez rematada a intervención por parte da Federación, de continuar co desenvolvemento  do programa.

- Grao de implicación coa Federación.

- Priorizarase a solicitude daquelas entidades que ata o momento non se beneficiaron do Programa, así como aquelas que contemplen accións coas familias.


Unha vez revisadas as solicitudes, comunicarase a todas entidades que solicitaron o Programa, o nome da Entidade que finalmente será beneficiaria do mesmo para o ano 2013.

Tras a resolución, a entidade beneficiaria deberá presentar a Ficha de datos das persoas que participarán no Programa (o número de beneficiarios será como mínimo de 12). No caso de que o perfil ou número de beneficiarios non se axuste ós establecidos nesta convocatoria, ou non se cumprimente de forma axeitada, a Federación poderá tomar a decisión de conceder o Programa a outra das entidades solicitantes.  

Previamente a posta en marcha do Programa, é imprescindible, que se reúnan, o xerente e profesionais de FADEMGA FEAPS-GALICIA e algún membro da xunta directiva e profesionais da entidade beneficiaria, para o análise do Convenio de colaboración, e a súa firma por parte dos presidentes.
 

  _____________________________________________________


  

logofeaps.png

 

 

 

   

 

 

 

ATENCIÓN A PERSOAS CON NECESIDADES COMPLEXAS

 

 

O novo Programa de Atención a Persoas con Necesidas Complexas continuará traballando pola mellora dos apoios que reciben as persoas con trastorno dual, é dicir, aquelas persoas con discapacidade intelectual que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados, un colectivo en clara desvantaxe social. Farao a través da área de Apoio e orientación ante alteracións da saúde mental e conducta

Cada vez con máis frecuencia detéctanse persoas con discapacidade intelectual que presenten algún trastorno mental ou alteración de conducta asociado. Unha boa abordaxe da situación da persoa, beneficiará a todos, a propia persoa, aos profesionais, á familia e ao resto de persoas do seu entorno.

Con esta finalidade creouse na Federación, a finais de 2003, o Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta. Este Grupo pretende servir como referencia e grupo de apoio, proporcionando un lugar de encontro no cal é posible expoñer, consultar e comentar todas as dúbidas e dificultades presentadas polos profesionais en relación á intervención a desenvolver con persoas con diagnóstico dual (discapacidade intelectual e alteracións de conduta e/ou trastorno mental asociado).


QUE É O GRUPO DE TRABALLO E QUE FAI:

Actualmente o Grupo de Traballo está formado por 25 profesionais de 19 entidades (ASPRONAGA, ASPABER, ASPADEX, CAPD de Coruña, PAI MENNI, ASPAS, AFADI, ASPANANE, ASDEME, ASPNAIS, CAMIÑA, APAMP, ASPAVI, ASPADEZA, ACEESCA, ASPANAEX, SAN XEROME EMILIANI, JUAN XXIII e ASPANAS) e 1 coordinadora da Federación. Os profesionais que o conforman son de diferentes disciplinas (psicólogos, pedagogos, traballadores sociais…), constituíndo así un equipo multidisciplinar.

O grupo traballa en reunións grupais a través de dúas liñas de actuación principais:

1)    O estudo de casos. Calquera entidade pode derivar casos para que os aborde o grupo en colaboración con profesionais da mesma. Dende o Grupo estúdanse e valóranse os casos que derivan as asociacións, para posteriormente orientarlles no tipo de intervencións e apoios que poden levar a cabo (abórdanse en torno a 8 casos por ano).

2)    Buscar a implicación da Administración. O traballo do grupo tamén se centra na procura de colaboración coa Administración co obxecto de conseguir avances en todo o que se refira ás persoas con trastorno dual Intentase buscar a implicación dos profesionais pertencentes ao ámbito sociosanitario (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demáis profesionais vinculados).
 
 
Para que outros profesionais poidan incorporarse a este Grupo de Traballo abrimos a presente convocatoria. Convidamos a todas aquelas asociacións federadas e aos seus profesionais, con gañas e con compromiso, a formar parte activa deste Grupo, aportando os seus coñecementos sobre a realidade na que se centra este programa.
 
As persoas interesadas en participar neste Grupo deberán presentar, debidamente cumprimentada, a seguinte documentación:

- Ficha de Profesionais 2013.

- Compromiso de Confidencialidade.
 
 
 
PRAZO: documentación deberá estar na Federación o 5 de febreiro de 2013
 
Podedes enviala a:

Correo postal: Vía Pasteur 53 – A, Polígono do Tambre
15890. Santiago de Compostela.
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 Fax: 981 519 651
 
 
 
PARA ENVIAR CASOS AO GRUPO DE TRABALLO:

IMPORTANTE: A posibilidade de enviar casos para o seu estudo por parte do Grupo está aberta a todas as entidades federadas e non federadas, non é necesario formar parte do Grupo de Traballo para poder presentar casos.

Pódense achegar casos durante todo o ano, sempre e cando, as entidades que os deriven se comprometan a designar dentro da súa organización aos profesionais que se encargarán de expoñer o caso, facer as intervencións e o seguimento dos mesmos, para poder avaliar os resultados conseguidos.  

O envío de casos terá carácter confidencial e anónimo. Un profesional da entidade que o derive participará nunha reunión do Grupo para expoñer, de primeira man, os datos aportados, as circunstancias e a súa visión do caso. Nesa reunión valoraranse as posibles hipóteses a considerar e as estratexias de intervención plantexadas en casos similares.

Para o envío de casos e o seu estudo dun xeito sistemático, debe utilizarse a Folla de Rexistro de Datos na que se recollen os aspectos fundamentais para que o Grupo poida realizar unha valoración conxunta e determinar as posibles liñas de intervención.

SESIÓN CLÍNICA:

Este ano trataremos de dar continuidade á sesión clínica co psiquiatra Ramón Novell, xefe do servizo de psiquiatría e discapacidade intelectual do Servizo Catalán de Saúde, e o seu equipo.

Ramón Novell aportará a súa visión e dilatada experiencia como especialista no campo, valorando e buscando solucións en cada caso concreto para que as intervencións futuras dos profesionais teñan maiores probabilidades de éxito e sexan máis efectivas.

Nesta actividade poderán participar, ademais dos membros do grupo,  profesionais de entidades federadas e profesionais do ámbito sanitario que estean interesados.

IMPORTANTE: Na sesión clínica terán prioridade os casos derivados e analizados previamente no grupo de traballo.
 


logofeaps.png        

 

PROGRAMA DE CIDADANÍA ACTIVA

 

O novo Programa de Cidadanía Activa vai continuar apoiando aos grupos de autoxestores. Actualmente son 15 as asociacións que decidiron impulsar grupos de autoxestores: ASPAS, AMIPA, JUAN XXIII, PRODEME, CHAMORRO, ASPACE, APADER, ASPRONAGA, ASPNAIS, ASPADEX, VALLE MIÑOR, APACESCO, AGASFRA, ACEESCA e ASPANAEX. En total son 20 grupos de autoxestores nos que participan 190 persoas con discapacidade intelectual.

Os Grupos de Autoxestores son grupos formados por homes e mulleres, adultos, con discapacidade intelectual, que se reúnen periodicamente para:

- Acadar maior autonomía persoal e social.
- Adquirir habilidades de comunicación.
- Aumentar as súas posibilidades de falar e de decidir por si mesmas.
- Aprender a tomar decisións na súa vida cotiá.
- Poder participar na vida asociativa.

A misión do programa consiste en “promover a autoxestión e a autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual das nosas organizacións”.

Os obxectivos específicos dos grupos de autoxestores son, entre outros:

- Dotar aos membros do grupo, de habilidades básicas de comunicación e funcionamento do grupo (escoitar aos outros, defender o seu punto de vista  e tamén aceptar opinións distintas das propias, respectar a quenda de palabra, etc.).
- Promover a participación dos membros do grupo na vida asociativa e no seu entorno social.

- Facilitar aos membros do grupo a aprendizaxe da autoderminación e a defensa de dereitos na súa vida cotiá.

- Aumentar as oportunidades de tomar decisións por si mesmos.

- Incrementar as posibilidades de autoxestión dos membros do grupo.


En definitiva, trátase de que as persoas con discapacidade intelectual conten cun espazo onde se lles escoite e se lles teña en conta á hora de tomar decisións nas nosas organizacións e nos seus entornos naturais (a familia e a comunidade).
 
Para cumprir estes obxectivos,  FADEMGA FEAPS GALICIA contratará, a unha persoa que apoiará ao Grupo de Autoxestores na entidade que o execute. 

Os gastos derivados da organización e execución das actividades ligadas ao Programa de Autoxestores, serán asumidos a través do presuposto concedido polo Ministerio. 
 

NOTA: Para a realización das diferentes accións enmarcadas neste Programa pode ser necesario, en caso de que a partida orzamentaria resulte insuficiente, a colaboración da Entidade coa Federación para asumir gastos ocasionados polo mesmo. 

 

A Entidade solicitante deberá comprometerse a:

- Manter unha reunión coa Federación, previa á posta en marcha do Programa, na que participen algún membro da xunta directiva, o xerente e profesionais da entidade seleccionada, para abordar os contidos do programa, as condicións de contratación da persoa de apoio e a firma do Convenio de compromiso.

- Difundir o Programa: facendo alusión a FADEMGA e a FEAPS como impulsores do mesmo e ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade como financiador e amosando os seus respectivos logos en todo o material elaborado (carteis, noticias, etc).

- Manter a continuidade do grupo independentemente da financiación da Federación do 2014 en adiante.

- Organizar reunións informativas coas familias, a lo menos das persoas beneficiarias; unha inicial para explicar en que consisten os grupos de autoxestores, unha intermedia de seguimento e outra final para explicar os resultados acadados.

- Organizar reunións informativas cos grupos implicados no programa, profesionais, voluntarios, xerencia.

- Organizar con FADEMGA FEAPS GALICIA e os demais grupos de autoxestores o Encontro Autonómico de Autoxestores e participar nas actividades conxuntas que vaian xurdindo.

- Respectar os prazos de entrega de memorias que se establezan e xustificar todos os gastos ocasionados polas diferentes actividades enmarcadas no Programa a nome da Federación.

- Acudir ás reunións que se celebren na Federación.


 
Os solicitantes do Programa deberán presentar a memoria de solicitude cubrindo os seguintes apartados:

a) Datos da Entidade (Nome, Dirección, C.I.F., datos da persoa que a entidade prevé que sexa a persoa de apoio do grupo).

b) Xustificación da necesidade de desenvolver o proxecto.

c) Obxectivo xeral e específicos.

d) Resultados que se esperan acadar.

e) Actividades que se inclúen dentro do Proxecto e calendario previsto

f) Metodoloxía de traballo que se vai seguir.

g) Número de beneficiarios do grupo (só se poderá constituír un grupo cun mínimo de 7 membros,  e un máximo de 10).

h) Avaliación do programa.

i) Nomear algún proxecto ou actividade dirixido a potenciar ou mellorar a autoxestión das persoas con discapacidade, que estea levando a cabo a entidade.

j) Anos que leva a entidade solicitando o programa.

k) Implicación e información específica aos grupos de interese (persoas con discapacidade, familias, xunta directiva, profesionais da entidade).

l) Anexar o certificado de non participar noutra Subvención con cargo ao IRPF (ver documento axunto).

 

As persoas interesadas en participar neste Grupo deberán presentar, debidamente cumprimentada, a seguinte documentación:

- Ficha de solicitude

- Certificado de non participar noutras subvencións  

 

PRAZO: as solicitudes deberán estar na Federación o  5 de febreiro do 2013


Podedes enviar as vosas solicitudes a:

Correo postal: Vía Pasteur 53 – A, Polígono do Tambre.15890. Santiago de Compostela.
E-maiL: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Fax: 981 519 651

 

CRITERIOS A TER EN CONTA PARA A CONCESIÓN DO PROGRAMA

 
- Memoria de solicitude entregada: obrigatoriedade de cumprimentar todos os apartados.
-Outras accións realizadas pola entidade encamiñadas a potenciar a autoxestión das persoas con discapacidade intelectual.
- Anos anteriores nos que a entidade solicitou esta convocatoria.
- Perfil e número de persoas aos que vai dirixido o programa.
- Compromiso de continuidade do Grupo de Autoxestores e da persoa de apoio unha vez finalice o respaldo económico da Federación.
- Grao de implicación coa Federación.
- Certificado cuberto de non participar noutra subvención a executar no 2013  con cargo ao IRPF (co selo da entidade e firma dos representantes legais da entidade: presidente/a e secretario/a)

Unha vez revisadas as solicitudes, comunicarase o nome da Entidade que finalmente será beneficiaria do Programa para formar o grupo no ano 2013.

 

** Descarga aquí o MANIFESTO POLA PLENA CIDADANÍA 

 

logofeaps.png    

   

 

  

Dende os servizos ofrecidos por FADEMGA Plena inclusión Galicia estanse a desenvolver accións encamiñadas a cumplir a misión de Plena inclusión: contribuír, dende o compromiso ético, con apoios e oportunidades, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan desenvolver o seu proxecto de calidade de vida, así como a promover a súa inclusión como cidadá de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.