Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

UNHA ZONA DE IDEAS ONDE PODER COMPARTIR

♦ As organizacións de Plena inclusión levamos anos compartindo as nosas boas prácticas para o benestar das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, as súas familias e as súas contornas.

♦ Con esta iniciativa, que celebramos en 2016 "El Huerto de ideas",  pretendemos captar tamén ideas innovadoras desde outros ámbitos da sociedade. Para iso creamos este espazo online aberto, onde calquera pode "plantar" a súa e vela crecer coas valoracións, achegas e desenvolvementos dos demais.

O horto das ideas (www.elhuertodeideas.org) é un lugar de encontro e desenvolvemento para quenes teñan unha idea que compartir. Neste espazo online calquera persoa, organización, empresa, institución ou universidade poderá subir as súas ideas e experiencias para mellorar o benestar das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias. Unha vez subidas, estas ideas poderán crecer coa achega dos seus propios autores, e coas valoracións, contribucións e comentarios dos demais, xa que neste horto as ideas crecen regadas por todos.

Xunto a iso, este novo espazo tamén recollerá todas as experiencias que as organizacións de Plena inclusión envían tradicionalmente ás distintas edicións dos Encontros de Boas Prácticas. Antes do 31 de marzo, estas entidades terán a oportunidade de participar no próximo encontro, que se celebrará en Córdoba os días 13 e 14 de outubro de 2016. Para iso, unha vez plantadas no horto, deberán enviar as súas experiencias, que pasarán unha fase interna de valoración e "segundo sexa o seu nivel de desenvolvemento e puntuación", optarán a converterse en "prácticas admirables".

Queres dar a coñecer á sociedade as túas ideas innovadoras?

Crees que podes compartilas e atréveste a que os demais as valoremos?

Se é así, se queres aprender, compartir, mellorar, e que estas ideas sexan coñecidas, cólgaas no noso horto. É moi sinxelo, só tes que picar aquí e seguir os pasos que che vai indicando. Anímache e participa!

 
Páxina web do Horto de ideas de Plena inclusión

O cometido desta área é promover e implantar as medidas e os procesos precisos para conseguir as condicións que permitan establecer unha xestión de calidade en tódolos servizos da federación.
 
Ademais, ten como cometido impulsar a calidade FEAPS en todas as organizacións do movemento asociativo en Galicia, establecendo as accións que sexan precisas para conseguir que ésta se materialice en tódalas entidades federadas. Este cometido desenvólvese a través de accións de difusión, información, formación de directivos, profesionais, voluntarios, familiares e persoas con discapacidade; facilitando as entidades as ferramentas precisas e dispoñibles para que podan materializar a calidade FEAPS, así como levando a xestión e seguimento de tódolos procesos que se implanten nas mesmas en relación a esta cuestión. 
 
No movemento asociativo FEAPS, a calidade establécese como unha obriga que emana do dereito das persoas a recibir, servizos dignos e significativos para as súas vidas. Supón en suma considerar a calidade como un compromiso ético e non como unha mera decisión organizativa tomada en prol dunha mellor imaxe ou dunha maior eficacia. 

Defínese a calidade FEAPS como un modelo configurado por tres aspectos esenciais, de modo que ningún deles pode faltar ou ter desenvolvementos significativamente diferentes dos outros dous.

O primeiro aspecto é a calidade de vida, como paradigma orientador de toda acción, e esencialmente dentro del a dimensión de autodeterminación individual (apoiar que cada persoa sexa o xestor esencial do seu propio destino, con capacidade de decisión sobre aspectos cruciais da vida, coa posibilidade e oportunidade para o establecemento de metas e plans que sexan sentidos como importantes pola propia persoa).
 
O segundo aspecto é a calidade total na xestión, neste sentido, expomos que construír calidade de vida non pode ser meramente froito dunha intención; á intención ha de vincularse a xestión necesaria para o seu logro e, con ela, os conceptos fundamentais da calidade (liderado e coherencia nos obxectivos, orientación ao cliente, orientación aos resultados, desenvolvemento e implicación das persoas, aprendizaxe e innovación e mellora continua, desenvolvemento de alianzas, xestión por procesos e feitos, responsabilidade social). O terceiro e último aspecto é o compromiso ético; para FEAPS a calidade -tanto a calidade de vida como a calidade na xestión- non é unha cuestión de elección organizativa, senón que é froito irremediable do dereito das persoas a unha vida digna, de calidade e plena cidadanía, en definitiva, é un compromiso baseado na ética. Así pois, a calidade dos servizos debe ser percibida dende a óptica do impacto que estes teñen na calidade de vida das persoas.
 


O modelo de Calidade FEAPS está composto por:

•    Calidade de vida (seguindo as 8 dimensións de Shalock e Verdugo e o modelo de calidade de vida familiar de Poston e colaboradores).

•    Calidade na xestión (seguindo 8 principios da calidade total).

•    Compromiso ético (segundo os 10 valores do código ético de FEAPS).



¿Cáles son os principios da calidade FEAPS?

En concreto, FEAPS asume, a modo de política global de calidade, os seguintes principios:

•    unha concepción da discapacidade intelectual que afirma o valor de toda persoa por encima dos seus perfís de capacidade e limitación;

•    calquera persoa pode permanentemente progresar si conta cos apoios axeitados;

•    o papel do entorno é esencial;

•    a familia é a base da inclusión social;

•    a persoa debe ser un axente esencial na construción do seu destino e na planificación do seu futuro.



¿Cáles son as bases do Modelo de calidade FEAPS?

•    A calidade é un compromiso ético, non só unha decisión da dirección.

•    Toda persoa ten valor por riba dos seus perfís de capacidade  e limitación .

•    As entidades deben buscar a mellora continua porque as persoas sempre poden progresar si contan cos apoios axeitados.

•    As entidades deben xestionar ben tódolos recursos , de xeito eficiente, transparente e orientada a producir calidade de vida nos seus clientes.

•    O papel do entorno é esencial, a que a inclusión social é clave para calquera cidadán. Por iso é preciso realizar accións no entorno, alianzas.

Para poder avaliarse nos tres componentes da CALIDADE FEAPS, o movemento asociativo conta cun Sistema de Avaliación da Calidade propio que pon a disposición das suas entidades, a través da persoa Responsable de Calidade da Federación.

Modelo Calidade FEAPS

 

 

 

 

O Sistema de Avaliación da Calidade de Plena inclusión é un SISTEMA DE MELLORA cuxo obxectivo é que as organizacións parte do Movemento Asociativo Plena inclusión sexan capaces de percorrer un camiño de mellora que as leve cara a acreditación da calidade nos seus procesos, a xestión dos seus apoios e servizos, etc. Para que esto sexa posible, proporcionalles toda a información e o apoio externo que precisen.

Esta acreditación, por tanto, máis que unha “certificación” de calidade ao uso (como a ISO, ou a EFQM) podería definirse como un proceso metódico de mellora  que é absolutamente compatible e converxente con esos outros sistemas de certificación.

 

QUE SE ACREDITA? 

A acreditación que propón este Sistema de Avaliación da Calidade Plena inclusión busca evidencias de mellora nos tres componentes que conforman o Modelo de Calidade Plena inclusión: calidade de vida (resultados persoais valorados), calidade na xestión e ética. En cada unha destas áreas -que se atopan íntimamente interrelacionadas entre sí-, o sistema determinará exemplos de evidencia durante os diferentes momentos do proceso de mellora. O sistema acredita a entidade no seu conxunto e non a cada servizo ou programa por separado. No obstante, cada área específica podrá utilizar as ferramentas do sistema para mellorar, pero non poderá obter a acreditación

Sistema Avaliacion Calidade Plena inclusión

Plan Formacion Responsables Calidade Entidades

Plan de Formación de Equipos Autoavaliación Entidades