FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Áchégate á "Planificación Persoal por Adiantado" a través deste novo curso

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Poñemos en marcha un novo curso de "Planificación persoal por adiantado", orientado a coñecer en que consiste esta metodoloxía de traballo, as súas características e fases, así como a desenvolver as habilidades necesarias para ser facilitador neste tipo de procesos.

O curso desenvolverase do 28 de outubro ao 30 de novembro de 2019 e o prazo de inscrición rematará o vindeiro 22 de outubro de 2019

** A partir do 23 de outubro, poderedes consultar o listado de admitidos a través da web **

Como podes inscribirte?

Preme NESTE LINK e descarga tódala información do curso, así como a ficha de inscrición, que deberás enviar debidamente cumprimentada e asinada a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Esta acción formativa será de balde ó ser financiada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través do Programa de Formación e Xestión Integral do Coñecemento en Rede para Profesionais e persoas voluntarias do Tercer Sector (Sabiduría para todos) de Plena inclusión España.