FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Gañadores do I Certame de relato curto en lectura fácil

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O xurado do I CERTAME DE RELATO CURTO EN LECTURA FÁCIL, composto por membros da Xunta Directiva e profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia, reunido o pasado 15 de xullo para expoñer as valoracións dos relatos presentados, resolveu por unanimidade, os seguintes premios e mencións:

 

1º PREMIO OUTORGADO A:

“DANIEL CUMPRE 40 ANOS”

Entidade: ASPADEZA (Lalín)

Autores: “Grupo Arco da Vella” composto por: Sandra Taboada Lourido (pcdi) Manuel Donsión Matanzas (pcdi) José Taboada Fernández (pcdi) María Jesús Lorenzo García (pcdi) José García García (pcdi) Juan Manuel Ramos Buján (profesional) Ángeles Baldonedo Taboada (profesional)

O xurado decidiu outorgar o primeiro premio a este relato, en base ao seu forte carácter reivindicativo, recordándonos que as persoas con discapacidade intelectual queren ser tratadas en igualdade ao resto de persoas, sen ser considerados sempre como eternos nenos.

 

2º PREMIO OUTORGADO A:

“DAVINIA E O MUNDO DOS PANDICORNIOS”

Entidade. FADEMGA Plena inclusión Galicia. Servizo de Información e Orientación Laboral de Vigo (SIOL Vigo)

Autoras: Mª Teresa Caamaño Iglesias co apoio da profesional Ángeles López Rama.

O xurado decidiu outorgar o segundo premio a este relato, pola súa sorprendente imaxinativa así como polo seu apoio con ilustracións orixinais e o seu cumprimento e respeto ás normas da lectura fácil.

 

3º PREMIO OUTORGADO A:

“CORENTA DÍAS ROSMANDO”

Entidade: Escravas da Virxe Dolorosa (EVD Galicia).

Centro Ocupacional de Mos.

Autoras: Celia A Ferreira, Inés Garrido Arche,l Concepción Lorenzo Lago, Pura Villar Pino, Divina Leirós Rodríguez, Cristina Gómez Martínez, co apoio de María José Pérez Rodríguez

O xurado decidiu outorgar o terceiro premio a este relato, polo seu humor e sencillez e pola súa mensaxe que nos recorda que todos podemos cambiar.

 

* Por recoñecemento do xurado, decidiuse dar unha Mención de Honra ao seguinte relato:

“A VIAXE DOS MEUS CORENTA DRAGÓNS”

Entidade: ASPADISOL (Oleiros)

Autores: Usuarios de ASPADISOL (Alexis Cárdenas, José Javier Lodeiro, Francisco Javier Barroso, Juan Antonio Morlán, Pedro Blanco, Juan Andrés Taboada, Jesús Otero, Narciso Franco, David Miranda, Jesús Brandón, Sergio Rodríguez, Bárbara Lopez, Marta María Fernández, Alberto Pérez, Francisco Otero, Sergio Díaz, Eric Vladimiski, David Fernández, Francisco Javier López e Daniel Curbeira, co apoio de Sheila Deán e Irene Vijande.

O xurado decidiu entregar esta mención especial ao relato “A viaxe dos meus corenta dragóns” pola súa orixinalidade e pola súa importante mensaxe de inclusión, sendo especialmente recomendable para traballar con nenos e achegarlles valores como a igualdade, o repecto e a solidariedade.

 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia felicitamos a tódolos galardoados, e agradecemos o esforzo de tódalas persoas con discapacidade intelectual participantes.

Os agasallos aos gañadores serán entregados o vindeiro 16 de novembro, durante a Cerimonia de 40 Aniversario que terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.