FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Iniciamos o curso con novas ofertas formativas

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

En FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha o novo curso, e facémolo cunha oferta fomartiva centrada no "Apoio Activo", dirixida a profesionais de atención directa e coordinadores de programa que queiran implementar o apoio activo nos seus centros e servizos.

 Mª Teresa Lagos  Simes, directora técnica da asociación Juan XXIII, será a formadora deste curso que se desenvolverá entre o 1 de outubro e o 12 de novembro.

O prazo para que realicedes a vosa inscrición estará aberto ata o 24 de setembro de 2019, e a partir do 25 de setembro, poderedes consultar o listado de admitidos a través da nosa web.

 Preme NESTE LINK e descarga tódala información do curso, así como a ficha de inscrición, que deberás enviar debidamente cumprimentada e asinada a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Esta acción formativa é de balde ó ser financiada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través do Programa de Formación e Xestión Integral do Coñecemento en Rede para Profesionais e persoas voluntarias do Tercer Sector (Sabiduría para todos) de Plena inclusión España.