Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual e de promover a cultura e a elaboración de información accesible, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca o Primeiro Certame de relato curto en lectura fácil.

 

CATEGORÍAS:

CATEGORIA A: Persoa con discapacidade menor de 18 anos (categoría xuvenil)

CATEGORIA B: Persoa con discapacidade maior de 18 anos (categoría adulta)

 

BASES:

• Poderán concursar todas as personas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que o desexen (pertenzan ou non a unha entidade federada) co apoio dun profesional, voluntario, familiar etc.

• A temática do relato xirará en torno ao “Número 40”. Deixade voar a imaxinación! Admitiremos calquera relato que inclúa este número na historia.

• O relato deberá ter unha extensión mínima de 8 follas e máxima de 15 (a dobe cara)

• Terá que axustarse ás nomas da lectura fácil e estar escrita en galego.

• Admitirase un máximo de 2 obras por autores en cada modalidade.

• Os traballos deberán ser grupais e os grupos estarán compostos por unha ou varias persoas con discapacidade intelectual e unha ou varias persoas de apoio (profesional, familiar, voluntario…)

• Todas as obras constarán de título e estarán asinadas cun pseudónimo.

• Deberán ser orixinais e inéditas (Non ter sido presentadas nin premiadas noutro certame)

• Os e as participantes cederán os dereitos das obras así como da súa difusión en exclusiva a FADEMGA Plena inclusion Galicia.

 

COMO E ATA CANDO PRESENTALA?

Dentro dun sobre incluirase o traballo orixinal, escrito en formato electrónico e asinado co pseudónimo dos autores e a categoría (A ou B).

Dentro dese sobre, incluirase outro sobre pechado no que figurarán o nome e apelidos dos autores, así como a súa entidade, idade, domicilio e teléfono de contacto.

Este sobre só se abrirá unha vez seleccionados os traballos gañadores.

As obras presentadas a concurso, deberán estar na sede da federación o 28 de xuño de 2019.

 

Deberán enviarse á seguinte dirección e co seguinte asunto:

FADEMGA Plena inclusion Galicia

“I CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO EN LECTURA FÁCIL”

Vía Pasteur, nº53-A. Polígono do Tambre.

Santiago de Compostela, 15890. (A Coruña)

 

XURADO E AGASALLOS

O xurado estará composto por xunta directiva, profesionais da federación e persoas con discapacidade intelectual con experiencia no ámbito da validación de textos en lectura fácil.

Valorarase a orixinalidade da obra e o seu cumprimento da normativa da Lectura Fácil.

O fallo darase a coñecer o 20 de setembro de 2019 mediante a nosa web e redes sociais.

Os premios serán entregados no Acto 40 Aniversario da Federación (16 de novembro en Santiago de Compostela)

Outorgarase un Primeiro Premio composto por un lote de libros adaptados a lectura fácil así como dúas Mencións de Honra en cada categoría.

O xurado resérvase a posibilidade de declarar deserto o concurso, no caso de que as obras non cumpran as bases do mesmo.

 

** DESCARGA AQUÍ AS BASES DO CONCURSO

Nestes enlaces, podes descargar manuais sobre como adaptar textos a lectura fácil:

- Información para todos

- Lectura fácil: métodos de redacción y evaluación

-