FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Pilotaxes para a transformación. Infórmate e solicitaos!

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Iniciamos o ano con forza, poñendo en marcha unha nova convocatoria de pilotaxes.

Pero... que son as "pilotaxes"? 

As pilotaxes enmárcanse no proxecto de transformación de servizos de Plena inclusión. Mediante as pilotaxes, créanse pequenos equipos de traballo que poñen en marcha novos modelos de atención naquelas entidades que, voluntariamente, se animan a participar.

Durante 2019, dende a federación ímos potenciar 7 pilotaxes: 

- 2 de Apoio Activo.

- 2 de Apoio Conductual Positivo.

- 1 de Asistencia Persoal para a Vida Independente.

- 2 de Transición á Vida Adulta. “ O meu plan de futuro”.

Neste link, dispoñedes da información relativa a cada unha destas pilotaxes, así como dos criterios de selección das entidades, compromiso adquirido e actividades que realizaremos xuntos en cada pilotaxe.

Se vos animades a participar, esperamos a vosa solicitude no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 11 de febreiro

 

** Os programas de pilotaxes fináncianse dentro do Programa investigación aplicada para a implementación de servizos centrados nas persoas con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento e as suas familias, pertencente á convocatoria dos programas do 0,7 do IRPF Estatal.