Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

ACTUALIZACIÓN: Consulta aquí o listado de admitidos/as

Xa estamos a argallar unha nova edición do noso curso de dirixentes "En Plena forma", e queremos contar contigo!

A través desta serie de formacións, queremos ofrecer aos dirixentes das entidades a oportunidade de mellorar as competencias necesarias para liderar as organizacións.

Todo elo, de acordo á Misión, Visión e Valores do Movemento Asociativo.

O curso poñerase en marcha unha vez acadada a cota de 15 alumnos e a praza confirmarase na web, unha vez finalizado o prazo de inscrición. 

Este curso é un dos requisitos para o acceso á etapa de despregamento e seguintes do Sistema de Calidade Plena inclusión e para a súa acreditación (Na 2ª etapa de Calidade Plena inclusión se esixe que polo menos o 50% dos directivos da entidade teñan realizado esta formación).

Novamente este ano 2019 organízase a través do Programa 0,7% IRPF Estatal e será en modalidade mixta (presencial e en liña) cun total de 74 horas (26 presenciais+48 online)

:: CANDO E ONDE SE CELEBRA?

Esta nova edición terá lugar entre o 1 de marzo e o 31 de maio de 2019, e as datas das sesións presenciais serán : sábados 9 de marzo, 6 e 27 de abril, e 25 de maio de 2019

Horario: 6,5 horas/día: De 10:00 a 14:00 e 15:30 a 18:00, na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia. (Vía Pasteur, nº53-A. Polígono Industrial do Tambre.15890 Santiago de Compostela)

Prezo: de balde, ó ser financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través do Programa de Formación e Xestión Integral do Coñecemento en Rede para Profesionais e persoas voluntarias do Tercer Sector (Sabiduría para todos) de Plena inclusión España. 

Nesta ligazón podes descargar a información do curso e a ficha de inscrición.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 15 DE FEBREIRO DE 2019