Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Iniciamos o ano cargadiños de actividades formativas, como este novo curso orientado a profundizar no modelo centrado na familia, onde analizaremos a realidade das familias das organizacións e os apoios que lles prestamos.

Dende a Federación consideramos importante facer unha revisión constante das nosas prácticas profesionais e, a través dun espazo de intercambio de experiencias e reflexión, compartir unha visión sobre as familias e como apoialas.

O prazo para que vos anotedes, estará aberto ata o vindeiro 24 de xaneiro, e a formación desenvolverase entre o 1 de febreiro e o 1 de marzo a través da plataforma de Plena inclusión: http://www.formacionplenainclusion.org

** A partir do 25 de xaneiro, poderedes consultar o listado de admitidos a través da web **

Descarga aquí o PROGRAMA DO CURSO e a FICHA DE INSCRICIÓN

* O curso é de balde, ao ser financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través do Programa de Formación e Xestión Integral do Coñecemento en Rede para Profesionais e persoas voluntarias do Tercer Sector (Sabiduría para todos) de Plena inclusión España.