Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos dar a coñecer entre as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias o noso Servizo Xurídico, orientado a informalas e aconsellalas no referido ás dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como:

As tutelas,

As herdanzas,

O manexo do diñeiro,

O patrimonio protexido…

Dentro deste servizo, a federación ofrece dúas modalidades:

a) As charlas xurídicas: Coas que pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

b) As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias.

 

No vídeo, Sandra e Jose Antonio explícanche como podes solicitar este servizo, así como os seus beneficios.

Non o dubides e compárteo!