Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Programa de Vacacións IMSERSO é un programa aberto a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (estean ou non asociadas a unha entidade) que organizamos co obxectivo de favorecer a inclusión social e a participación de tódalas persoas en igualdade de condicións.

 
Buscamos o fomento das relacións interpersoais, dando cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.
 
Os participantes deben contar cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e ser maiores de 16 anos.
 
 
 

* PRAZO DE SOLICITUDE:  do 9 de novembro ao 3 de decembro de 2018
 
 
 
 
 
 
 
* O Programa de Vacacións do IMSERSO execútase a través de Plena inclusión, grazas ao cofinanciamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.