FADEMGA - Plena inclusión - Galicia A Axencia Tributaria publica as listas provisionais de persoas con discapacidade intelectual admitidas e excluídas nas súas oposicións de emprego público

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado mes de maio a Axencia Tributaria convocou unhas oposicións de emprego público para persoas con discapacidade intelectual.

Estas oposicións eran para cubrir 20 prazas de ordenanza en oficinas da Axencia Tributaria de toda España.

 Agora o Goberno publicou as listas das persoas que están admitidas e excluídas nestas oposicións. Estas listas non son definitivas.

Se non estás admitido ou admitida podes presentar unha reclamación nun prazo de 10 días.

Tamén publicou a data do exámen das oposicións. Será o día 15 de setembro de 2018 ás 12 horas

Podes atopar os lugares dos exames no Anexo 3 do BOE na ligazón de abaixo.


Publicación do BOE coas persoas admitidas e excluídas e data de exámen

Información sobre a convocatoria

Noticia da convocatoria, temarios e bases na web de Plena inclusión