FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Xa podes descargar o informe extraordinario “A accesibilidade en Galicia”

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Este informe urxe ás Administracións a "cumprir" a Lei 10/2014, do 3 de decembro de accesibilidade, á vez que reclama que "con urxencia, se acelere o proceso" de aprobación do Plan de Accesibilidade da Xunta.

Na súa elaboración participaron 30 persoas das organizacións ASPADEZA, JUAN XXIII, ASPNAIS, PAI MENNI, CHAMORRO, AMIPA, ASPANAEX,  ASPRONAGA e da propia federación.

Durante a presentación do documento, a valedora do Pobo, Milagros Otero, urxía a "cumprir" a Lei de Accesibilidade mediante a adaptación das infraestruturas públicas ás necesidades das persoas con diferentes discapacidades, á vez que pediu á Xunta que "resolva os atrasos" na lista de espera de valoración e revisión das discapacidades.

Así o expresou durante a presentación do informe, en compañía de representantes de diferentes colectivos que conforman o CERMI Galicia, entre eles, FADEMGA Plena inclusión. A valedora apelou a "avanzar" en dous aspectos: "en conquistar o paradigma do deseño universal" dos edificios, para garantir a igualdade de acceso a todas as persoas, e en "adaptar as infraestruturas" xa construídas. Ademais, aos concellos pediulles que sexan " dilixentes" na adxudicación das obras e que cren "suficientes" prazas de aparcadoiro para persoas con discapacidades e así "garantir a plena accesibilidade".

Este informe xa está dispoñible para a súa consulta e descarga no seguinte enlace: INFORME ACCESIBILIDADE GALICIA