FADEMGA - Plena inclusión - Galicia O Hospital da Costa acolle unha nova xornada sobre Discapacidade intelectual e saúde mental

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Hospital da Costa de Burela acolle este venres a segunda xornada sobre "Saúde Mental e Discapacidade intelectual" organizada conxuntamente pola asociación ASPANANE e FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, a xornada supón un foro de reflexión e debate sobre a atención sanitaria das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, ao tempo que axuda a sensibilizar e informar sobre as implicacións de ter unha discapacidade intelectual con enfermidades mentais asociadas.

A inauguración da xornada, deu comezo ás 10:00 horas presidida por Doña Maria José Cortés Canay, directora executiva do Hospital da Costa de Burela, Doña Cristina Abadés Martinez, Xefa Territorial da Consellería de Política Social, Doña Sonsoles López Izquierdo, deputada provincial na área económica e social da Deputación de Lugo, D. Alfredo Llano García, Alcalde de Burela, D Alfonso Villares Bermúdez, alcalde do Concello de Cervo e D. Eladio Fernández Pérez, presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, entre outros.

Durante a súa intervención o presidente da federación falou sobre as dificultades ás que fan frente estas persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental asociada, “Trátase dunha circunstancia que reduce aínda máis a capacidade da persoa para actuar de forma independente na comunidade.Ademais, esta circunstancia pode supoñer que a persoa necesite unha atención máis intensa, maiores necesidades de apoio, e incluso pode provocar que a súa calidade de vida diminúa se os problemas psiquiátricos non son diagnosticados e tratados.”

Igualmente, incidiu en que “a presenza dunha enfermidade mental non só afecta á persoa con discapacidade intelectual: afecta á súa familia e ós profesionais dos centros aos que acode, que en ocasións teñen que afrontar e solventar condutas que fan que a seguridade da propia persoa ou dos demais corra perigo. De aí a necesidade de desenvolver accións que contribúan á calidade de vida de todos os grupos de interese.”

Esta xornada sobre saúde mental e discapacidade intelectual celébrase por segundo ano consecutivo no Hospital da Costa de Burela, e desenvolverase durante este venres e mañá sábado coa participación de importantes profesionais da rama sanitaria como Javier Blanco Blanco (Psiquiatra do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense), Luis Docasar Bertolo (Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras) ou Marc Martín López (Psicólogo e representante comercial de PSIOUS) entre outros.