FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Persoas con discapacidade intelectual toman posesión dos seus novos destinos laboráis

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Conselleiro de Facenda, D. Valeriano Martínez, presidiu esta mañá o acto onde 6 persoas con discapacidade intelectual merecedoras dun posto na Administración tomaron posesión da súa praza.

Coa elección dos seus futuros destinos laboráis culmínase con éxito a primeira etapa dun camiño iniciado en marzo de 2015 coa aprobación da primeira oferta de emprego público con reserva de prazas para persoas con Discapacidade Intelectual. A federación aproveitou este acontecemento para amosar a súa satisfacción polo desenvolvemento do que foi o primeiro proceso selectivo de emprego público reservado a persoas con discapacidade intelectual.

:: A Xunta abre un novo camiño de inclusión laboral para o colectivo 

Este é o inicio dun novo camiño de solidariedade e inclusión laboral para as persoas con discapacidade intelectual en todos os ámbitos da sociedade galega, no que sempre contarán co apoio da federación para seguir traballando pola inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade intelectual na administración pública de Galicia.

O presidente de Fademga Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, tamén quixo destacar "a implicación do equipo da Dirección Xeral de Función Pública, que en todo momento entendeu que unha mera reserva de prazas non era suficiente para garantir un proceso selectivo inclusivo e respectou e tivo en consideración as aportacións que se fixeron desde a Federación á que represento, tendo a máxima dispoñibilidade e interese para facilitar a inclusión do noso colectivo á función pública asistindo a formacións específicas en materia de Lectura Fácil organizadas pola nosa entidade de cara a mellorar a calidade dos temarios para vindeiros procesos selectivos."