FADEMGA - Plena inclusión - Galicia "ACTÍVATE!" nova xornada orientada a persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

As persoas con discapacidade intelectual enfróntanse a un envellecemento prematuro en comparación co do resto de cidadáns xa que este proceso se inicia nalgúns casos a partir dos 45 anos ou mesmo antes.

Por iso, dende FADEMGA Plena inclusión queremos poñer o foco no ámbito da prevención e no da atención directa para mellorar a calidade de vida deste colectivo.

Nesta xornada de "ACTÍVATE!" diferentes profesionais ofrecerán ós asistentes novas prácticas, coas que queremos xerar diferentes desafíos para que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maiores e/ou en proceso de envellecemento, poñan en xogo as súas habilidades; promovendo así un envellecemento activo.

A xornada está dirixida a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maiores de 45 anos e/ou en proceso de envellecemento, acompañados por algún profesional ou familiar.

Aquelas persoas interesadas en participar deben enviar a inscrición, debidamente cuberta e asinada, a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ata o 15 de xuño.

IMPORTANTE: Os participantes deberán traer roupa e calzado cómodo.

Para máis información podedes contactarnos no 981.519.650

Descarga aquí tódala información e o programa.