FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Xornada: o acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Poñemos en marcha unha nova xornada sobre o acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual, nesta ocasión, dirixida a xuíces, fiscais, letrados da administración de xustiza, médicos forenses, abogados, procuradores...

Existen datos que nos indican que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento atopan importantes barreiras no goce do seu dereito de acceso á xustiza. Estas barreiras poden estar relacionadas con dificultades de comunicación e comprensión da propia persoa; co noso modelo sociocultural do que derivan prexuízos e estereotipos sobre a discapacidade; coa falta de coñecemento dos profesionais sobre as persoas con discapacidade e os seus dereitos; ou coa complexidade do sistema de Administración de Xustiza.

Para lograr unha igualdade efectiva co resto da poboación é necesario lograr que os procesos se flexibilicen e se realícen axustes de procedemento que os fagan accesibles para as persoas.

Ademais, é necesario que todos os operadores xurídicos dispoñan dunha adecuada capacitación. Para tentar mellorar esta situación, poñemos en marcha esta xornada na que se abordarán temas de interese como a importancia dos apoios, os dereitos das persoas con discapacidade intelectual, os axustes de procedemento ou a capacidade xurídica entre outros.

Premendo neste ENLACE podes acceder á inscrición, programa e cartel da Xornada.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 19 de xuño, e deberán ser remitidas a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.