Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Deputación de Coruña concedeu unha nova subvención por unha contía de 12.381,62€ a FADEMGA Plena inclusión Galicia, correspondente ao Programa FOAXE (Programa de Subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de Programas de Servizos Sociais no ano 2017)

O obxecto desta subvención foi o de ofrecer na nosa comunidade autónoma, apoios ás familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a través de estancias programadas en instalacións comunitarias (respiro familiar). Nas estancias participaron persoas con discapacidade intelectual acompañadas por coidadores así como  posibilitar que as familias dos participantes dispuxeran duns días de descanso para conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral.