Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A escola é un alicerce fundamental para formar cidadáns solidarios e comprometidos coa diversidade que os rodea. Co obxectivo de que os máis pequenos coñezan de preto as implicacións da discapacidade e edúquense na inclusión e a diversidade, persoas con discapacidade intelectual e profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia imparten esta semana unha serie de charlas no colexio Compañía de María, dentro do marco das xornadas "Eu podo, o teu podes... podemos" que organiza o centro educativo e que este ano leva como lema "A diferenza crea a beleza".

Estas actividades ofrecen aos alumnos a oportunidade de experimentar na súa propia pel os problemas cos que se atopan as persoas con discapacidade intelectual no día a día, tomando conciencia das barreiras que a nosa sociedade pon a este sector da poboación para desenvolverse en igualdade de oportunidades en todos os ámbitos sociais (educativo, laboral...), e para sensibilizalos e formalos no respecto á diversidade.

Entre os obxectivos das charlas, destaca o fomento de actitudes, valores e comportamentos de empatía, valorar o potencial de cada persoa, facerse conscientes da importancia do esforzo de superación e fomentar a colaboración, apoio e axuda mutua das persoas que nos rodean para o avance persoal e social.

Trátase do cuarto ano consecutivo no que Compañía de María e FADEMGA Plena inclusión Galicia colaboran nesta actividade destinada a promover unha educación inclusiva. Este é sen dúbida un dos maiores retos que a cialis 10mg comunidade educativa ten por diante: promover un modelo educativo que perciba a diversidade como unha parte máis da realidade humana.