FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Convocatoria de participación en procesos de pilotaxe

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Durante o 2018, a través do "Programa de Investigación aplicada á implementación de servizos centrados na persoa e na súa familia" (programa financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) e no marco de acción conxunta con Plena Inclusión, FADEMGA Plena inclusión Galicia promoverá a posta en marcha de varias pilotaxes, nos diferentes servizos das súas entidades.

As pilotaxes son proxectos de micro transformación dirixidos.

As pilotaxes que imos levar a cabo son:

- Apoio Activo (AA): 4 pilotaxes

- Planificación Persoal por Adiantado (PPA):3 pilotaxes

Na seguinte ligazón (CONVOCATORIA PILOTAXE) dispoñedes de tódala información sobre este proceso (que é unha pilotaxe?, en que consiste é que implica cada unha das pilotaxes?, documentación a presentar...)

Para participar neste proxecto, deberede enviar a documentación ata o día 22 de febreiro a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

ANÍMATE A PARTICIPAR NALGUNHA DAS PILOTAXES QUE CHE PROPOÑEMOS!

Finalizado o prazo, confirmaremos as entidades selecionadas mediante mail.