FADEMGA - Plena inclusión - Galicia A exposición CapacitArte continúa a amosar o traballo das entidades do CERMI Galicia

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou esta semana a exposición que a ONCE realiza no marco de CapacitARTE, unha iniciativa promovida por CERMI Galicia e grazas á cal, ao longo deste ano, irán pasando polo edificio de San Caetano cada unha das entidades que agrupan e defenden ás persoas con discapacidade física e intelectual, entre elas FADEMGA Plena inclusión Galicia.

“O obxectivo é que os logros que se acadan cada día non queden relegados a un segundo plano, senón que se perciban con toda a importancia que teñen. A Consellería de Política Social avoga por seguir estreitando a colaboración coas entidades e sumando esforzos para multiplicar os resultados"  afirmou o titular autonómico, quen finalizou a súa intervención agradecendo á ONCE o seu labor, así como o do CERMI Galicia e o do resto das entidades que o conforman, "non só por poñer en marcha este ciclo de exposicións, senón polo seu traballo de sensibilización coa sociedade para que esta siga avanzando no recoñecemento da valía das persoas con discapacidade".

A exposición, composta por preto dunha vintena de imaxes, amosa o día a día das persoas que forman parte da ONCE, desde usuarios ata voluntarios. Deste xeito, aqueles que visiten a exposición poderán ver as actividades que se realizan desde a entidade.