Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Este 25 de xaneiro, asistimos en Fuenlabrada (Madrid), ao V Seminario Nacional sobre Xestión Policial da Diversidade. Este Seminario está organizado pola Plataforma pola Xestión Policial da Diversidade e diríxese á multiplicidade de profesionais públicos e do Terceiro Sector, interesados na mellora da xestión da diversidade social polos Servizos Policiais e as Administracións con competencia en materia de Seguridade Pública.

Plena inclusión ten unha presenza activa nesta cita coa intervención no primeiro panel no que falarán de "A atención policial ás persoas con discapacidade intelectual: o manual de procedemento elaborado conxuntamente por Unijepol e Plena inclusión", coa participación de Berta González Antón, coordinadora técnica de Plena inclusión; Jordà Vives Rodríguez, formador en acceso á xustiza de Plena inclusión e Pedro Calderón Rodríguez, xefe da Policía Local de Villanueva de la Serena e Presidente de Plena inclusión Estremadura, entre outros compoñentes da mesa, moderada por Inés de Araoz Sánchez-Dopico, asesora xurídica de Plena inclusión España.