Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

As familias son parte fundamental de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e co obxetivo de dinamizar e animar á súa participación na vida asociativa, poñemos en marcha o Programa formativo  "Familias en Forma", dirixido a familiares de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

A través deste programa ofrecemos 2 modalidades de formación:


1) Acción formativa completa. Son 9 sesións, 1 de presentación e 8 de formación.

Cada sesión ten unha duración de hora e media. Nelas abordamos os seguintes temas:
- Discapacidade
- Calidade de Vida Persoal
- Calidade de Vida Familiar
- Autodeterminación
- Dereitos
- Accesibilidade
- Participación
- Ética

2) Sesións formativas individuais ou talleres monográficos, sobre algún dos temas da acción formativa completa.

Do paquete formativo completo poderá beneficiarse unha asociación e das sesións formativas individuais (ou talleres monográficos), poderanse beneficiar 2 asociacións.

CONVOCATORIA 2019


*Estas actividades formativas forman parte do Programa de Apoio a Familiares, financiado pola Xunta de Galicia, grazas ás persoas que marcades na declaración da renda a casa de "interese social".