FADEMGA - Plena inclusión - Galicia FADEMGA Plena inclusión Galicia felicita a ASPRONAGA e AMICOS polos seus recentes logros en materia de inclusión

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado venres, a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) poñía en marcha o primeiro "Comité de Ética Asistencial para persoas con Discapacidade Intelectual" de Galicia. Este Comité estará presidido polo director do Centro Ricardo Baró, Antonio Naya, membro -á súa vez- da Rede de Apoio á Ética e do Comité de Ética de Plena inclusión. Por parte de FADEMGA Plena inclusión Galicia participará Moisés Lamigueiro, responsable técnico da área Social e de Familias da federación, quen asegurou "se trata dun proxecto moi importante e ilusionante que permitirá dar impulso ao desenvolvemento ético nas nosas organizacións".

A maiores, e tras a entrega de diplomas que certifica o período de formación que levaron a cabo os membros do Comité, creáronse dúas comisións co fin de redactar o regulamento que rexa o Comité e de analizar e avaliar os documentos que xa existen en ASPRONAGA sobre políticas e ética.

O proxecto. En outubro de 2016, ASPRONAGA e a UDC, a través do Grupo de investigación "Filosofía, Constitución e Racionalidade", iniciaban a aventura de crear e pór en marcha un "Espazo de reflexión Ética", coa finalidade de mellorar a calidade das intervencións e os procesos de toma de decisións, así como contribuír a implantar unha cultura ética común na Asociación. A finalidade deste órgano será asesorar e dar resposta ás inquietudes e consultas que presenten profesionais, familiares, usuarios ou calquera outro axente social en relación coa intervención e os apoios dirixidos a persoas con discapacidade intelectual.

Premio a AMICOS

Por outra banda, a federación tamén felicita á entidade AMICOS (Ribeira), despois de que o seu centro de día fose galardoado co primeiro premio Agader da Xunta, dotado con 25.000 euros, e que recoñece as mellores actuacións que contribúen a modernizar e dinamizar o rural galego. Segundo os membros do xurado, esta iniciativa destacou por encima das demais «polo seu labor e compromiso no coidado e atención de persoas con discapacidade».

Segundo Agader, trátase tamén de recoñecer a posta en marcha do centro de día no lugar de Comoxo, no municipio boirense, e que presta servizo diario a persoas con discapacidade