Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 
Un ano máis, poñemos en marcha a nosa convocatoria para o Programa de Vacacións IMSERSO!
 
Aberto a tódalas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (estean ou non asociadas a unha entidade), o Programa de Vacacións oriéntase a favorecer a inclusión social e a participación de tódalas persoas en igualdade de condicións.
 
Buscamos o fomento das relacións interpersoais, dando cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.

Podedes acceder a tódala información da convocatoria 2017/2018 no seguinte enlace: VACACIÓNS IMSERSO.