FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Membros da Policía Nacional de Santiago participan nunha formación pioneira sobre discapacidade intelectual

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Corpo da Policía Nacional en Santiago, participou na charla informativa “Aproximación á discapacidade intelectual”, impartida por profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Esta xornada ten como obxectivo adquirir e actualizar os coñecementos e procedementos actuación con persoas con discapacidade intelectual, dotando aos participantes das ferramentas necesarias para abordar os casos que se lles presenten no seu traballo diario. A xornada formativa correrá a cargo de Rocio Rey Sanmartin (Técnica do programa de Reclusos e Exclusión Social) Manuel Carballo Benito (formador en acceso á xustiza) e Maria Gómez- Carrillo de Castro (Licenciada en Dereito e emprendedora social).

As administracións públicas deben estar ao servizo da cidadanía e dar resposta ás súas demandas, especialmente, cando se trata dos colectivos máis vulnerables, aqueles que merecen unha atención personalizada, como neste caso, as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Por elo, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia impulsamos e apoiamos este programa de formación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, pois a sociedade é diversa e debemos contar coas ferramentas precisas para abordar as actuacións que podan xurdir no día a día con estes colectivos de persoas. Entre os contidos do programa, farase unha achega ao concepto de discapacidade intelectual (así como á súa detección e a importancia de prestar os apoios adecuados), os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e o acceso á xustiza.

  VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

Membros da Policía Nacional en Santiago

participaron nunha charla sobre a discapacidade intelectual.

 

Os policías aprenderon a actuar en diferentes situacións

con persoas con discapacidade intelectual.

Os profesores desta xornada foron os profesionais de FADEMGA

Rocío Rey e Manuel Carballo.

 

As administracións públicas teñen que garantizar a atención

a aquelas persoas que son máis vulnerables.

 

Na xornada tamén se falou sobre acceso á xustiza

e sobre os dereitos das persoas con discapacidade intelectual.