FADEMGA - Plena inclusión - Galicia FADEMGA aplaude os bos resultados obtidos nas primeiras oposicións da Xunta destinadas a persoas con discapacidade intelectual

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) ven de facer públicos este venres os resultados da fase de oposición do primeiro proceso selectivo de Galicia celebrado en exclusiva para personas con discapacidade intelectual.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia manifestamos a nosa satisfacción polos bos resultados obtidos por tódolas persoas que se prepararon a través da nosa federación, pois un 91,38% deles superaron a fase de oposición con éxito. Agora queda esperar polos méritos para saber quenes poderán acceder ás 6 prazas fixas ofertadas na Administración Galega.

Estos bos resultados acreditan o traballo e bo facer do Servizo de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia na formación das persoas con discapacidade intelectual que aspiran a conseguir un posto de persoal laboral fixo. Trátase dun Servizo prmocionado pola Conselleria de Economía, empego e industria que a federación oferta desde hai máis de 17 anos, e onde traballamos diariamente desenvolvendo actuacións orientadas a fomentar o emprego das persoas con discapacidade intelectual, así como o apoio a todas aquelas que xa o teñen e queren mantelo.

Durante o proceso de preparación da proba, a federación facilitou formación para o exame, pero tamén ofreceu apoio aos opositores en todo o proceso; desde a formalización da solicitude ata a presentación de alegacións a listas ou a documentación referida á formación e experiencia de cada aspirante para o concurso, ademais de acompañalos ao lugar onde se realizaron os exames. FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra estes resultados tan satisfactorios e felicita a todos os alumnos polo seu esforzo e entusiasmo, animándoos a continuar coa súa preparación de cara a próximas convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia.

:: O primeiro proceso selectivo de Galicia para persoas con discapacidade intelectual

Estas oposicións son as primeiras da historia da Xunta de Galicia que se reservan exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual, sendo posibles grazas ao traballo e impulso da Consellería de Facenda e da Consellería de Política Social. Facilitarase así a inserción laboral deste colectivo na administración galega, fomentando a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual: unha das nosas principais reivindicacións como Federación. Trátase ademáis, dun dereito recollido na “Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”, sendo España un dos países que o adoptou para o seu ordenamento xurídico interno.

:: O emprego: factor crave para a integración das persoas con discapacidade intelectual

Xunto a este tipo de convocatorias, FADEMGA Plena inclusión Galicia defende desde hai anos a adopción doutro tipo de medidas, como a adaptación de probas nas convocatorias de oposicións, a través de probas prácticas reais (onde se demostren que se posúen os coñecementos básicos para a execución do posto de traballo ofertado), así como a reserva dunha parte da contratación pública aos Centros Especiais de Emprego, o que favorecería a integración destes traballadores.