Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

4 ourensáns con discapacidade intelectual, acaban de incorporarse aos seus novos postos de traballo como persoal laboral fixo na categoría de ordenanza na Administración xeral do Estado. 2 deles, farano nas localidades de Castellón e Tarragona, despois de superar o proceso selectivo, mentres que os outros dous xa se atopan traballando en Ourense.

Trátase de Gabriel Rodríguez Domínguez, que se incorporou ao Instituto Nacional da Seguridade Social Ourense; María Anxos García, que comezou a traballar no Servizo Público de Emprego Ourense; Laia Ou´Callaghan Domínguez, que traballará no Instituto Nacional da Seguridade Social Tarragona; e Noelia Eiriz Limia, no Servizo Provincial de Costas de Castellón. Hai unhas semanas, coñeciamos a adxudicación das prazas, recaendo a totalidade de postos ofertados en Galicia en alumnos do noso servizo de emprego.

 A maiores destas 6 prazas obtidas en Galicia, tamén se suman dúas máis, as destes dous ourensáns que se desprazarán ao seu novo posto de traballo en Tarragona e Castellón. Estes resultados apoian o traballo e bo facer do Servizo de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia na formación das persoas con discapacidade intelectual que aspiran a conseguir un posto de persoal laboral fixo. Trátase dun Servizo que a federación oferta desde hai máis de 10 anos, e onde traballamos diariamente desenvolvendo actuacións orientadas a fomentar o emprego das persoas con discapacidade intelectual, así como o apoio a todas aquelas que xa o teñen e queren mantelo.

Durante o proceso de preparación da proba, a federación facilitou formación para o exame, pero tamén ofreceu apoio aos opositores en todo o proceso; desde a formalización da solicitude até a presentación de alegacións a listas ou a documentación referida á formación e experiencia de cada aspirante para o concurso ademais de acompañalos ao lugar onde se realizaron os exames.

FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra estes resultados tan satisfactorios e felicita a todos os alumnos que conseguiron praza polo seu esforzo e entusiasmo, así como ás máis de 100 persoas con discapacidade intelectual que prepararon este proceso selectivo, animándoos a continuar coa súa preparación de face a próximas convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia.

:: O emprego: factor crave para a integración das persoas con discapacidade intelectual

Xunto a este tipo de convocatorias, FADEMGA Plena inclusión Galicia defende desde hai anos a adopción doutro tipo de medidas, como a adaptación de probas nas convocatorias de oposicións, a través de probas prácticas reais (onde se demostren que se posúen os coñecementos básicos para a execución do posto de traballo ofertado), así como a reserva dunha parte da contratación pública aos Centros Especiais de Emprego, o que favorecería a integración destes traballadores.

A igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual, constitúe unha das principais reivindicacións da Federación Galega. Trátase dun dereito recolleito na ?Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade?, sendo España uno dos países que o adoptou para o seu ordenamento xurídico interno.