Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 Este luns, o Instituto Social da Mariña, na Coruña, acollía a un novo traballador moi especial.
Francisco Javier Gomila tomaba posesión da súa praza como Persoal laboral fixo da Administración Xeral do Estado, na categoría de Ordenanza (Axudante de Xestión e Servizos Comúns), despois de obter a maior puntuación de entre as 66 persoas con discapacidade intelectual que aspiraban ao posto no exame realizado o pasado 9 de maio en Madrid.
 
Xunto a Francisco Javier, tamén obtiñan praza Almudena Sutil, (na Subdelegación do Goberno de Ourense) e a viguesa Xiana Cortegoso (no INSS da cidade olívica). Unha cuarta persoa, a viguesa Sira Vasco, (que tamén recibiu apoios na preparación deste proceso selectivo con FADEMGA) resultou adxudicataria dunha praza de persoal laboral fixo, neste caso na Dirección Provincial de Ceuta do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
 
Na actualidade FADEMGA Plena inclusión Galicia está a preparar a novos grupos de persoas con discapacidade intelectual que aspiran a obter unha praza de emprego público en vindeiras convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia.
 

:: Apoios integrais para facilitar a inserción laboral do colectivo

Esta terceira convocatoria de prazas de emprego público reservadas en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual da Administracion Xeral do Estado, realizábase o pasado mes de decembro, para o cal FADEMGA Plena inclusión Galicia habilitou un sistema integral de apoios que fixo máis doado para os aspirantes participar no proceso selectivo.

Dende a Federación celebramos estes resultados tan satisfactorios e felicitamos a estas catro persoas polos resultados obtidos e o esforzo realizado. Asimismo, felicitamos ás máis de 100 persoas con discapacidade intelectual que prepararon este proceso selectivo co apoio de FADEMGA e os animamos a continuar coa súa preparación de cara a vindeiras convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia.