FADEMGA - Plena inclusión - Galicia IX Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

  Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 En FADEMGA Plena inclusión Galicia cambiamos de cor pero non de esencia, e continuamos traballando para garantir a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e das súas familias, por elo organizamos unha nova edición do Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental.
 
A cita terá lugar o venres 20 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1), Calle Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida, en Santiago de Compostela, e volverá a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade.
 
O Seminario está dirixido a técnicos e profesionais da administración pertencentes ao ámbito social, sanitario e educativo, profesionais do sector da discapacidade intelectual e do movemento asociativo, profesionais de outras organizacións que traballen nestes ámbitos e estudantes de diferentes disciplinas: traballo social, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, etc.
 

A través deste Seminario FADEMGA Plena inclusión Galicia continúa dando a coñecer a profesionais de diferentes campos as particularidades das persoas con discapacidade intelectual que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta, ao tempo que se fomentan vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.
 
Un foro de reflexión e debate sobre a atención das persoas con discapacidade intelectual que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta, nos dispositivos de saúde - tanto a nivel ambulatorio como hospitalario - que pretende fomentar cambios nas organizacións, xerando unha visión positiva das persoas con discapacidade intelectual que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta e incidindo na implicación da organización, de todos os profesionais e das familias. 
 
INSCRICIÓN. Aforo limitado. (Ver boletín de inscrición)
 

Finalizado os prazos de inscrición confirmaráselle a praza dende FADEMGA vía e-mail.

No caso de cubrir aforo, notificáraselle da mesma maneira a aquelas que non sexan admitidas e reembolsaráselle o importe inicialmente abonado.

Tras a confirmación da praza non se reembolsara o importe aboado no caso de anular a participación.

Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (Persoa de contacto: Pilar Villaverde)

* Descarga aquí o cartel do Seminario