Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 Hoxe FEAPS, (representada en Galicia por FADEMGA FEAPS GALICIA) a ONG que representa ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en España, deixa de ter esta denominación para converterse en Plena inclusión.
 
Esta noite, edificios representativos como a Torre de Hércules, a Cidade da Cultura e o Concello de Pontevedra, iluminaranse de verde en apoio ao colectivo da discapacidade.
 
Desde fai máis de medio século, FEAPS (Confederación española de organizacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento) traballa pola igualdade de oportunidades e a inclusión social deste colectivo e as súas familias.
 
Con todo, até agora seguía conservando unha denominación que non se correspondía á actual misión e valores da organización, nin ao sentir de moitas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias ás que representa.
 
Por este motivo xorde a necesidade de adoptar unha nova denominación, e converterse en Plena inclusión, que vén acompañada dun cambio de imaxe corporativa, un trevo de catro follas en diferentes tons de verde. Este trevo simboliza a unha sociedade inclusiva no que todos somos considerados iguais pero que tamén dá valor á diferenza.
 
A folla máis grande representa á persoa con discapacidade intelectual que está incluída en igualdade de condicións. Esta sociedade que queremos: inclusiva, aberta, positiva e equitativa, é unha sociedade diferente, extraordinaria, como un trevo de catro follas -que é unha excepción na natureza-, un símbolo de esperanza e boa sorte, e representa o noso futuro desexado.
 
As principais cidades españolas sumáronse a esta causa da #Plenainclusión, e iluminarán esta noite de cor verde os seus edificios e monumentos máis representativos: en Galicia iluminaranse pola inclusión a Torre de Hércules na Coruña, a Cidade da Cultura en Santiago, e a elas unirase o Concello de Pontevedra.
 
Outros edificios de toda España como a Praza de Cibeles, a Porta de Alcalá e o Concello en Madrid, a Alhambra de Granada, a Cidade das Artes e as Ciencias en Valencia... tamén se iluminarán de verde en favor da PLENA INCLUSIÓN.