Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 FADEMGA FEAPS GALICIA continua traballando na mellora da calidade de vida e na atención e apoios que dende o movemento asociativo se prestan ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, en situacións de especial vulnerabilidade e/ou maior risco de exclusión social, como é o caso das persoas con trastorno dual (persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e enfermidade mental e/ou alteracións de conduta).
 
Proba delo é a celebración o día 19 de outubro da V Sesión Clínica. Esta quinta edición consistirá nunha xornada adicada ó análise de casos de difícil intervención presentados polos membros do Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta da Federación; un grupo de profesionais de diferentes disciplinas que traballan para mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.

 Para a súa abordaxe e análise, a Sesión volverá a contar co apoio e asesoramento do psiquiatra Ramón Novell, profesional do Instituto para a Atención e Investigación na Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento (INARDI) de Barcelona. O obxectivo é crear un espazo de intercambio entre os diferentes profesionais dos servizos sociais e sanitarios, no que se sentan motivados a contribuír para atopar solucións consensuadas, aportar información sobre síndromes, estudos, etc.
 
Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
(Persoa de contacto: Pilar Villaverde).
 
INSCRICIÓN. Enviala por mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 14 de outubro (aforo limitado)
 
Preme no seguinte enlace para descargar tódala documentación: V Sesión Clínica - FADEMGA FEAPS GALICIA