Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 O pasado mes de agosto, o servizo de Respiro Familiar que ofrece periodicamente a Federación, cumpriu o seu vixésimo aniversario. 20 anos nos que os profesionais FADEMGA FEAPS GALICIA veñen ofrecendo prestacións ás persoas con discapacidade intelectual para que os seus coidadores habituais poidan descansar ou recibir asistencia para un problema de saúde ou doutro tipo que lles impida prestarlles nese período toda a atención que requiren.
 
Os períodos de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos vacacionais. Neste tempo, os monitores organizan una serie de actividades que responden ós intereses dos participantes e que na medida do posible se tratan de consensuar.
As actividades inclúen excursións á praia, piscina, paseos.... así como outras actividades en lugares pechados: cine, teatro, museos, exposicións... O obxectivo, segundo explica Ana Fraga responsable dos turnos programados, é diminuír o estrés familiar e favorecer as relacións socias e de parella; proporcionar alivio á familia e previr situacións de crise.
 
Cada familia pode utilizar un máximo de 20 días de servizo ó ano nas estancias en instalacións comunitarias, así como 60 horas de apoios individuais, agás aqueles con familiares que presentan algún problema de conduta, casos nos que a atención pode chegar ós 30 días anuais. Algunhas familias acostuman a utilizar todas as opcións, mentres que outras utilízano máis ocasionalmente.
 
Este ano están previstos 15 turnos, e no que vai de verán xa foron máis de 50 os usuarios que participaron no servizo.
 
Para máis información podedes consultar a sección de Atención a Familias , ou informarse no 981 51 96 50.