Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 Un total de 174 persoas con discapacidade intelectual beneficiáronse do Programa de Vacacións do IMSERSO, que cada ano executa FADEMGA FEAPS GALICIA a través da súa Confederación FEAPS.
 
Este programa beneficia ás persoas con discapacidade intelectual contribuíndo á súa integración social, co obxectivo de que os usuarios participen social e persoalmente na comunidade. Deste xeito, poden realizar actividades de ocio de maneira integradora, tendo a oportunidade de desenvolver unha maior autonomía persoal. A Federación busca con elo favorecer as relacións interpersoais entre os participantes e inténtase dar cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.

Para a organización de cada viaxe, FADEMGA realiza reunións periódicas onde son as propias persoas con discapacidade intelectual, acompañados dos seus monitores, quenes deciden os destinos aos que queren viaxar.
 
Tenerife, Madrid, Gijón, Santander, Benidorm, Salou, Mallorca e Gran Canaria foron os principais destinos ofertados nesta convocatoria de viaxes 2015 que se desenvolveu dende o 31 de xaneiro ata o 16 de maio e do que se beneficiaron 62 persoas con discapacidade intelectual de A Coruña, 58 da provincia de Lugo, 19 da provincia de Ourense e 35 da provincia de Pontevedra.
 
:: Unha alternativa de lecer diferente para as persoas con discapacidade intelectual
 
A través deste programa, FADEMGA FEAPS GALICIA oferta ás persoas con discapacidade intelectual unha alternativa de lecer ás actividades máis habituais na súa contorna puidendo participar en diferentes actividades de tempo libre, como visitas guiadas, actividades deportivas... que, ante todo, buscan a plena inclusión das persoas nos espazos comunitarios.
 
O Programa de Vacacións do IMSERSO execútase a través de FEAPS, e mediante o cofinanciamento do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade grazas á contribución das persoas que marcan o recadro de fins sociais na súa declaración da renda.