Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A charla enmarcouse dentro dunha sesión informativa sobre xenética e farmacoxenética organizada por FADEMGA FEAPS GALICIA
 
O catedrático de Medicina Legal e director do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago,  Ángel Carracedo, impartiu este luns unha charla sobre “As probas xenéticas e a farmacoxenética na discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento”, dirixida a profesionais da discapacidade intelectual, que desenvolven actualmente o seu traballo en diferentes asociacións galegas membro de FADEMGA FEAPS GALICIA. 
 
O vicepresidente da Federación galega, Elías Palacio, deu a benvida ao profesor Carracedo, agradecendo a súa implicación e destacando “que é de vital importancia para os profesionais do noso colectivo coñecer con maior profundidade a relación da xenética dentro do campo da discapacidade intelectual e non hai ninguén mellor que o profesor Carracedo, para arroxar luz sobre un área de investigación descoñecido para un gran número de profesionais.”
 
Durante a súa exposición o profesor Carracedo explicou cales son as bases xenéticas da discapacidade intelectual e problemas similares, así como a importancia de ter un diagnóstico xenético dos problemas que nenos e nenas podan ter, “Somos unha mezcla de xenes e de ambiente, e a discapacidade intelectual como sabedes obedece a moitas causas diferentes.”
 
A xornada informativa continuou durante a tarde do luns cunha sesión centrada nos “Aspectos médico-legáis da contención nos centros de Atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento” que nesta ocasión correu a cargo de Fuencisla Ladrón de Cegama, Fiscal adscrita ó Xuzgado de primeira instancia de Santiago e por Benito López de Abajo, Xefe de servizo de clínica médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA); quenes abordaron as medidas de contención e suxeición (físicas ou farmacolóxicas) nos centros de atención á discapacidade.
 
A través de ambas charlas, a Federación busca dar resposta ás dúbidas máis común ás que habitualmente se enfrentan os profesionais no ámbito da discapacidade intelectual, contribuíndo así a mellorar a atención que estos prestan diariamente ás persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.