Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Entidades da discapacidade intelectual galegas, acollerán durante o mes de xuño cursos sobre “Autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual”, postos en marcha por FADEMGA FEAPS GALICIA.
 
A través destes cursos a Federación quere empoderar ás persoas con discapacidade intelectual mediante a formación sobre os seus dereitos, a autodeterminación e sobre a importancia de tomar decisións e a resolución de conflitos.
 
Os cursos levaranse a cabo nas entidades de ASPANAEX (Vigo, 9 de xuño), PRODEME (Monforte, 10 de xuño) e PAI MENNI (Betanzos, 11 de xuño) e en total participarán 54 persoas con discapacidade intelectual de 11 entidades de toda Galicia acompañadas de varias persoas de apoio. A formación correrá a cargo de dous docentes da Cooperativa Altavoz, un deles con discapacidade intelectual.
 
Os cursos forman parte do Programa de “Cidadanía Activa” que FADEMGA pon en marcha co obxectivo de ofrecer os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para que sexan máis autodeterminadas, promovendo a súa autonomía e independencia, co fin de que podan ter maior control sobre as súas vidas e no seu entorno habitual, e garantindo así a igualdade de oportunidades.
 
O Programa está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade grazas ás persoas que marcan o recadro de “Fins Sociais” na súa declaración da renda.