Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro sábado 20 de xuño, terá lugar na sede da Federación a Asemblea Xeral Ordinaria de FADEMGA FEAPS GALICIA, a partir das 15:30 horas en primeira convocatoria e 16:00 horas en segunda convocatoria.
 
A esta Asemblea están convocados tódolos Socios Numerarios e Adheridos da Federación de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia e nela procederase a aprobación, se procede, da Memoria de Actividades realizadas en 2014, o Plan de Acción de 2015, contas e orzamentos.
 
Igualmente, transcorrido o período de catro anos establecido no artigo 26 dos Estatutos da Federación, procéderase a apertura do proceso electoral e proclamación da totalidade dos membros da Xunta Directiva de FADEMGA FEAPS GALICIA.
 
:: Foro de Oviedo
 
Outro dos puntos abordados será a próxima celebración do Foro de Oviedo, onde se elaborará o novo Plan Estratéxico de FEAPS que nos permitirá avanzar no Proxecto Común do Movemento Asociativo e así cumplir a Misión.
 
Un período de reflexión no que levaremos a cabo un diagnóstico do conseguido ata agora polo noso movemento e de cales son os principais retos que deberemos afrontar durante os vindeiros anos.