Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro luns, 8 de xuño, o salón de actos de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) acollerá dúas sesión informativas onde se abordarán cuestión de interese e preocupación para o sector da discapacidade intelectual.
 
A primeira das sesións levará por título “As probas xenéticas e a farmacoxenética na discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento” e estará impartida por Ángel Carracedo, Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica – Sergas.
 
A charla suporá unha achega ás probas xenéticas en persoas con discapacidade intelectual, e nela pretenderase arroxar luz sobre un área de investigación descoñecido para un gran número de profesionais. A outra das sesións centrarase nos “Aspectos médico-legáis da contención nos centros de Atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento” e correrá a cargo de Fuencisla Ladrón de Cegama, Fiscal adscrita ó Xuzgado de primeira instancia de Santiago e por Benito López de Abajo, Xefe de servizo de clínica médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA).

Nesta charla abordaranse as medidas de contención e suxeición (físicas ou farmacolóxicas) nos centros de atención á discapacidade, unha cuestión que provoca disparidade na actuación dos profesionais.
 
A través de ambas charlas, a Federación busca dar resposta ás dúbidas máis común ás que habitualmente se enfrentan os profesionais no ámbito da discapacidade intelectual, contribuíndo así a mellorar a atención que estos prestan diariamente ás persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.
 
Preme no seguintes enlace para acceder á información e inscrición da xornada: