Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 FEAPS Madrid e Fundación Wolters Kluver, presentaron esta semana a Guía do Dereito ao Voto, dirixida a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e elaborada mediante a técnica de Lectura Fácil.
 
A Guía, é a primeira publicación dun proxecto desenvolvido entre ambas as organizacións con apoio da consellería de Presidencia, Xustiza e Portavocía da Comunidade de Madrid, que persegue cubrir o baleiro existente en canto a publicacións destinadas ao colectivo en contidos e linguaxe comprensibles relacionadas co exercicio dos seus dereitos.
 
Segundo os últimos datos da Xunta Electoral Central recollidos polo CERMI, 80.000 persoas carecen deste dereito por razón da súa discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva, unha situación que é preciso reverter se de verdade queremos avanzar cara á efectiva participación e inclusión das persoas con discapacidade intelectual.
 
A Guía explica en lectura fácil como realizar o proceso para recuperar o dereito ao voto, así como o proceso de participación electoral. O presidente de FEAPS Madrid, Mariano Casado indicou que é preciso levar a cabo accións como esta xa que, lamentablemente, unha parte importante de cidadáns están privados do seu dereito ao voto e é preciso que saiban que poden recuperalo. Casado lembrou que o dereito ao voto é un dereito fundamental das persoas, e que aparece recollido na Constitución Española e na Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos de Persoas con Discapacidade.
 
Así mesmo, a través desta guía pretendese facer un chamamento aos partidos políticos para que publiquen os seus programas electorais en lectura fácil, para axudar a que as persoas con discapacidade intelectual podan acceder ás súas propostas políticas.
 
Preme no seguinte enlace par acceder á Guía: "Guía do Dereito ao Voto para persoas con discapacidade intelectual"