Coñécenos

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento) é unha entidade constituida como asociación e que aglutina, como federación que é, a un bó numero de asociacións de familiares e profesionais de persoas con discapacidade intelectual de Galicia. Trátase dunha organización non gubernamental, sociovoluntaria e sen ánimo de lucro, creada en 1979, que xurdiu con persoalidade xurídica propia, como resultado da unión de 6 asociacións de pais que prestaban servizos a persoas con discapacidade intelectual. Actualmente son 40 as asociacións membro de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

 

FADEMGA Plena inclusión Galicia goza das seguintes consideracións:

- Inscrita no rexistro central de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2005/147-2 (SC).
- Inscrita no rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia co nº E-45.
- Recoñecida como entidade de carácter social pola Axencia Tributaria.
- Declarada de Utilidade Pública.
- Certificado o Servizo de Respiro Familiar e nos catro servizos da Área de Emprego e Formación coa ISO 9001:2008 (empresa auditora AENOR)