Coñécenos

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. Na actualidade conta con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 4.331 persoas con discapacidade intelectual. Con 8.269 socios, as entidades de FADEMGA Plena inclusión Galicia están formadas por unha rede de 125 centros ubicados polas catro provincias galegas nos que traballan un total de 1.291 profesionais e contan co apoio de 1234 voluntarios.

Os servizos que ofrece FADEMGA Plena inclusión Galicia a través das súas entidades son Servizo de atención temperá, Servizo de intermediación para a inserción socio-laboral, Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social en centro especial de emprego, Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social en empresa convencional e outras modalidades, Servizo de apoio a familias, Servizo ocupacional, Servizo de atención de día, Servizo de apoio á vida independente, Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio intermitente ou limitado, Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio extenso ou xeralizado, Servizo multiprofesional de diagnóstico, seguemento, avaliación, planificación e coordinación, Servizo de tutela e Servizo de ocio.

Por outra parte FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrece unha serie de servizos ás súas entidades federadas a través das diferentes áreas que integran a Federación como son Administración, Calidade, Ocio, Comunicación, Emprego, Formación, e Familia.

SERVIZOS: Estancias individuais e grupais, Apoios puntuais, Información e orientación laboral, Formación para o emprego, Apoios para o emprego, Fomento do Emprego.

PROGRAMAS:  Autoxestores, Envellecemento activo, Promoción da Vida Independente, Programa de Ocio (Vacacións Imserso) e Trastorno Dual.

A Federación galega pertence a nivel estatal á Plena inclusión , na que están integradas un total de 19 Federacións de toda España.