Asociacións

Listen to this page using ReadSpeaker

O apoio ás nosas entidades federadas, a coordinación, a dinamización asociativa, a transformación dos apoios e servizos, e a xeración de modelos e espazos compartidos de participación e colaboración entre as nosas entidades, son actuacións fundamentais que promovemos dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, para avanzar xuntos cara á nosa Misión.

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia facemos partícipes ás nosas organizacións membro de todos os procesos estratéxicos e de funcionamento básico das nosas actividades e programas.

Facémolo a través do despregamento de diferentes equipos e redes de traballo que actúan coordinadamente a nivel institucional e tamén en cada un dos programas e proxectos que desenvolvemos na Comunidade

A mellora continua é unha prioridade no noso movemento asociativo, e poñémola en práctica a través da nosa dimensión ética e dos nosos Valores, da nosa política de Transparencia e Bo Goberno, dos nosos Modelos de Calidade e organizativo, da Dinamización Asociativa, da Política de Persoas, do Voluntariado, dos diferentes Apoios e Servizos....

Así mesmo tamén ofrecemos ás nosas organizacións e entidades membros a oportunidades para compartir o coñecemento, de aprendizaxe e de innovación, a través da formación continua, a xeración de espazos de participación, formación e coordinación de traballo.

:: As nosas entidades